#title Condicións do servizo das canles IRC Empregando as canles IRC de Ubuntu vostede indica que ten lido e acepta someterse ás políticas e procedementos de [[http://freenode.net/|freenode]] (como se describe na súa páxina web) e que está de acordo co seguinte: == Regras das canles == * En todas as canles IRC de Ubuntu (isto inclúe calquera canle que comece por #ubuntu, #kubuntu, #xubuntu, #edubuntu e #ubuntustudio) debe observarse, en todo momento e por calquera usuario, o [[http://www.ubuntu.com/community/conduct|Código de Conduta de Ubuntu]]. Este Código de Conduta é fundamental para todos os aspectos de Ubuntu e o IRC non é unha excepción. * Ao entrar nunha canle, vostede debe revisar o tema e a mensaxe de benvida (enviado como un aviso por ChanServ), xa que poden conter información importante sobre as normas da canle específica e, posibelmente, sobre o seu rexistro. * Nas [[IRC/IrcTeam/Scope|Canles principais]] as [[IRC/Guidelines|Directrices de IRC]] constitúen as regras da canle principal, e deben ser observadas por todos os usuarios en todo momento. == Rexistro == * Algunhas das canles IRC de Ubuntu rexístranse publicamente na Internet, nas canles que están rexistradas como públicas terán "ubuntulog", e algúns poden ter outros robots de rexistro externo. * Cando se xunta a unha canle que está rexistrada como pública, o Chan``Serv enviaralle un aviso cando entre informándoo de que foi rexistrado, o que pode ser observado no asunto da canle. * Ao participar nestas canles, vostede acepta que calquera cousa que vostede envíe á canle sexa almacenada publicamente ou procesada en http://irclogs.ubuntu.com/, ou outros sitios externos. (Nota: estes sitios son indexados polos motores de busca, como Google).