<> = Antes de comezar a traducir = ||<>|| * Asegúrate de ler a información básica de como [[UbuntuCatalanTranslators/Col%C2%B7laboradors|colaborar no proceso de tradución]] * Asegúrate de ler polo menos a [[UbuntuGalicianTranslators/Guia|iniciación rápida da Guía de estilo de Mancomun]]. = Resumo do ciclo de traballo = Aínda que todo o proceso de tradución é moi flexíbel e permite a calquera que se adapte á súa maneira de traballar, hai uns puntos que sempre serán os mesmos: * Toda a coordinación é realizada a traverso da [[UbuntuGalicianTranslators/Contacto#Rolda de correo|rolda de correo]] e da [[UbuntuGalicianTranslators/Lista|lista de traducións]] (isto non exclúe outros métodos de comunicación secundarios, como o chat) * Antes de aceptar unha tradución, deberá ser revistada alomenos por outra persoa. Establecido esto, o proceso será o seguinte: 1. O tradutor atopa algo que traducir (e comunicao na rolda) ou pide á rolda que se lle asigne unha tradución. 1. No caso de que non haxa ninguén máis traballando na tradución, outro membro asignarallo ao tradutor. 1. O tradutor actualizará o [[UbuntuGalicianTranslators/Listaxe|listaxe de traducións]] (ou ben engadindo a traducción se é nova, ou ben cambiándolle o estado a «en progreso» se xa estaba na lista). 1. O tradutor procederá a facer a tradución segundo o método que lle sexa máis conveniente. 1. Unha vez acabada a tradución, o tradutor notificarao na rolda, enviando se se tercia a tradución, e actualizará o estado no [[UbuntuGalicianTranslators/Listaxe|listaxe de traducións]]. 1. Un revisor comprobará a tradución e suxerirá cambios se é necesario. Isto pode comportar que o tradutor teña de aplicar cambios e envialos varias veces á rolda. 1. Unha vez o revisor e o tradutor se poñan de acordo, aceptarase a tradución. 1. Un membro do equipo con permiso de escritura en Launchpad encargarase da aceptación, a cal pode supor subir un ficheiro en Launchpad, ou ben aceptar directamente as suxestións de tradución en liña. = Proceso de tradución e revisión recomendado = == Tradución e revisión en liña == = Outros procesos de tradución e revisión = == Tradución e revisión fóra de liña == ---- CategoryUbuntuGalicianTranslators