#title Temas avanzados <> {{attachment:IconsPage/IconWarning3.png}} '''Nota''': esta páxina está en fase de construción. = Introdución = ||<>|| = Rosetta = * [[https://edge.launchpad.net/rosetta|Páxina de inicio de Rosetta]] == FAQ == * [[https://help.launchpad.net/FAQ/Translations|FAQ sobre Rosetta]] * [[NewTranslatorQuestions|Preguntas básicas para tradutores nóveles]] == Utilización == == Problemas actuais == * [[UbuntuGalicianTranslators/RosettaUploads|Como subir ficheiros a Rosseta en caso de problemas coa importación]] = Como extraer as traducións dun ficheiro = Esta liña de ordes permite extraer só as cadeas traducidas dun ficheiro PO, simplemente empregando as ferramentas de gettext. Isto é util durante a revisión de ficheiros, de forma que se pode pasar este ficheiro so con traducións ao corrector, o que mostrará só os erros nas traducións, sen mostrar «falsos positivos» das cadeas orixinais. Outra forma de empregar o resultado é para a revisión de traducións moi longas (por exemplo, documentación), onde lendo simplemente as traducións se poden detectar erros. De xeito que, ou ben pode empregar a liña de ordes directamente, ou ben crear un script: {{{ msgexec -ifitxer.po 0 | tr \\0 \\n > ficheirodetraduciónsextraídas.txt }}} Substituíndo, obviamente, e polos nomes dos ficheiros correspondentes. '''Nota:''' el ''msgexec'' no sembla funcionar del tot bé amb les entrades que contenen plurals. = Como encontrar traducións = == Como encontrar o enderezo de unha tradución en Launchpad == A miúdo dáse o caso de que vemos un aplicativo ou algunha cadea única sen traducir e non sabemos como empezar a traducilo porque non sabemos onde se atopa exactamente a tradución. Nestes casos, teremos que averiguar se xa hai unha plantilla de tradución para o aplicativo en Launchpad, e cal é o enderezo. Esta sección proporciona información sobre como encontrar os ficheiros de tradución no [[https://translations.edge.launchpad.net/|Launchpad Translations]] (do contrario denominado Rosetta), o sistema de xestión de traducións de Ubuntu. Primeiro debemos saber de que ficheiro executábel ou orde se trata: * Para programas que se executen desde un menú, pódese arrastrar a entrada de menú no escritorio. Despois, simplemente fai falta facer clic co botón dereito sobre a nova icona, premer a opción ''Propiedades'' do menú contextual, e no diálogo que apareza a continuación, xunto á etiqueta ''Orde:'' mostrarase de que orde ou programa se trata. Alternativamente, pódese facer o mesmo co editor de menús do GNOME (para inicialo faga clic co botón dereito do rato sobre un dos menús e prema en ''Edita os menús''). Unha vez averiguado o nome, agora deberá saber en que paquete se atopa. Os ficheros do Ubuntu instálanse sempre a partir de paquetes de software. Para facelo, fará falta utilizar o programa ''dpkg'' nunha terminal da seguinte maneira: {{{ dpkg -S FICHEIRO }}} Exemplo (o signo $ emprégase aquí para mostrar a diferenza entre a orde e o seu resultado): {{{ $ dpkg -S /usr/bin/baobab gnome-utils: /usr/bin/baobab }}} Neste caso queriamos saber en que paquete se atopa o aplicativo ''baobab''. Na liña de ordes vemos que este paquete é o ''gnome-utils''. con esta información xa poderemos atopalo en rosetta no enderezo co formato seguinte {{{ https://translations.launchpad.net///+source/ }}} Polo que o enderezo para a distribución Ubuntu Karmic Koala é https://translations.launchpad.net/ubuntu/karmic/+source/gnome-utils '''POR FACER''': describir os enderezos de interés do Firefox + Epiphany para chegar ás traducións de maneira rápida. == Como ver que traducións emprega un programa == Para saber as traducións que emprega un programa ten que abrir unha terminal e empregar a orde ''strace'': {{{ strace PROGRAMA 2>&1 | grep LC_MESSAGES }}} Exemplo para o programa ''Baobab'', abre unha terminal e escribe a seguinte liña de ordes: {{{ strace baobab 2>&1 | grep LC_MESSAGES }}} Vexa que o ''Baobab'' non só emprega as traducións do ''gnome-utils'' (que é o paquete onde se atopa), senón tamén emprega ''gtk'', ''gnome-vfs'', entre outros. = Ferramentas de tradución específicas para o Ubuntu = * https://edge.launchpad.net/ubuntu-translator-tools = Información xeral sobre as traducións en Ubuntu = * [[TranslationLifecycle|Ciclo de vida das traducións en Ubuntu]]. * [[MozillaTeam/LaunchpadTranslationSupport|Tradución dos aplicativos de Mozilla en Ubuntu]] * [[TranslatingUbuntu|Información xeral sobre a tradución de Ubuntu]] ---- CategoryUbuntuGalicianTranslators