Galego

< Voltar á páxina en inglés

Novas características en Lubuntu 14 .10

  • Corrección Xeral de erros de cara a LXQt.
  • Moitos compoñentes de LXDE foron actualizados corrixindo erros.
  • Actualización do Artwork (máis iconos, actualización do tema, máis compatibilidade...).

Aplicacións de Lubuntu

Requisitos do sistema

Lubuntu é un bo sistema operativo para moitos ordenadores antigos, pero non para todos eles. Algúns ordenadores teñen moi pouca potencia ou memoria. A regra de ouro é que o ordenador non debe ser superior a 10 anos de idade.

Memoria (RAM)

Para servizos avanzados de Internet como Google, Youtube, Google Docs e Facebook, o seu ordenador precisa de polo menos 1 GB de RAM.

Para os programas locais como Libre Office e hábitos de navegación sinxela, o ordenador precisa de polo menos 512 MB de RAM.

Procesador (CPU)

As especificacións mínimas para CPU é Pentium 4 ou Pentium M ou AMD K8.

Procesadores máis antigos son moi lentos e AMD K7 ten problemas co vídeo flash.

Chip gráfico / tarxeta

Nvidia, AMD / ATI / Radeon e Intel traballan fóra da caixa, ou o sistema pode ser axustado para traballar con bastante facilidade. Pode obter axuda nos foros de Ubuntu. Descoñecendo sobre a grafica, proba a versión actual Lubuntu.

Problemas Coñecidos

Instalación

  • A imaxe i386 Desktop é lixeiramente maior e terá que ser grabado nun DVD ou USB.
  • A instalación encriptada falla, agora ai unha solución alternativa (1205397).

Gráficos e visualización

  • As preferencias do paginador do Escritorio fallan, pero existe a solución (1272834).

  • O xestor de enerxía é difícil de ver (1334088).

  • As barras horizontais no diálogo de notificación; hai solución (1362555).

PPC

  • Debido a múltiples erros, incluíndo un erro crítico para os poseedores de tarxetas Radeon (1377878), (1377878), non habrá PPC nesta versión.

  • Recomendamos o uso da versión LTS.

Notas de versión Ubuntu

Obter Lubuntu

Dirixase aqui para obtelo.

Soporte



Traducción: Fron Fondo (franfondo)

UtopicUnicorn/ReleaseNotes/Lubuntu/Galego (last edited 2014-12-08 21:26:00 by rafaellaguna)