gl
Empregando as canles IRC de Ubuntu vostede indica que ten lido e acepta someterse ás políticas e procedementos de freenode (como se describe na súa páxina web) e que está de acordo co seguinte:
Regras das canles
En todas as canles IRC de Ubuntu (isto inclúe calquera canle que comece por #ubuntu, #kubuntu, #xubuntu, #edubuntu e #ubuntustudio) debe observarse, en todo momento e por calquera usuario, o Código de Conduta de Ubuntu. Este Código de Conduta é fundamental para todos os aspectos de Ubuntu e o IRC non é unha excepción.
Ao entrar nunha canle, vostede debe revisar o tema e a mensaxe de benvida (enviado como un aviso por ChanServ), xa que poden conter información importante sobre as normas da canle específica e, posibelmente, sobre o seu rexistro.
Nas Canles principais as Directrices de IRC constitúen as regras da canle principal, e deben ser observadas por todos os usuarios en todo momento.
Rexistro
- Algunhas das canles IRC de Ubuntu rexístranse publicamente na Internet, nas canles que están rexistradas como públicas terán "ubuntulog", e algúns poden ter outros robots de rexistro externo.
Cando se xunta a unha canle que está rexistrada como pública, o ChanServ enviaralle un aviso cando entre informándoo de que foi rexistrado, o que pode ser observado no asunto da canle.
Ao participar nestas canles, vostede acepta que calquera cousa que vostede envíe á canle sexa almacenada publicamente ou procesada en http://irclogs.ubuntu.com/, ou outros sitios externos. (Nota: estes sitios son indexados polos motores de busca, como Google).
IRC/TermsOfService/gl (last edited 2011-02-28 17:52:39 by 133)