gl

From: O Equipo de Ubuntu One <ubuntuone-support@canonical.com>
To: ubuntuone-support@canonical.com
Subject: Leve a súa vida dixital con Ubuntu One!

Evolution é mellor con Ubuntu One - a nube persoal para a 
súa vida dixital.

Ubuntu One fai moito máis que sincronizar os seus ficheiros - se
precisa acceder aos seus contactos, notas ou marcadores desde calquera
computador ou a web, gozar da súa música favorita desde unha tenda 
integrada na nube ou difundir toda a súa coleción de iPhone ou 
Android. Con Ubuntu One elevamos o listón do que significan as
nubes persoais. Pode obter máis información en http://one.ubuntu.com/.


Xa ten unha conta de Ubuntu One? 
Engada o computador á súa conta, iniciando o Panel de Control 
de Ubuntu One. 
        
        Todos os seus contactos na axenda de enderezos «Ubuntu One» 
sincronízanse automaticamente coa súa nube persoal. Pode ver 
e modificar a información dos contactos no Evolution ou na páxina 
web de Ubuntu One. Ubuntu One manterá sincronizados os seus
contactos do Evolution co seu teléfono móbil.
        
        Para obter máis información sobre como copiar e mover os seus 
contactos á axenda de enderezos de Ubuntu One, consulte o titorial en 
liña e as Preguntas Frecuentes (FAQ).
        https://wiki.ubuntu.com/UbuntuOne/Tutorials/
        https://wiki.ubuntu.com/UbuntuOne/FAQ/
        
Precisa axuda ou encontrou un erro? Vexa as opcións de asistencia 
técnica para Ubuntu One en https://one.ubuntu.com/support/
        
Grazas.

O Equipo de Ubuntu One
http://one.ubuntu.com/ 


CategoryTranslations

Translations/Wanted/UbuntuOneEmail/gl (last edited 2010-09-16 01:09:13 by 212-166-128-139)