CiclodeTraballo
Antes de comezar a traducir
Asegúrate de ler a información básica de como colaborar no proceso de tradución
Asegúrate de ler polo menos a iniciación rápida da Guía de estilo de Mancomun.
Resumo do ciclo de traballo
Aínda que todo o proceso de tradución é moi flexíbel e permite a calquera que se adapte á súa maneira de traballar, hai uns puntos que sempre serán os mesmos:
Toda a coordinación é realizada a traverso da rolda de correo e da lista de traducións (isto non exclúe outros métodos de comunicación secundarios, como o chat)
- Antes de aceptar unha tradución, deberá ser revistada alomenos por outra persoa.
Establecido esto, o proceso será o seguinte:
- O tradutor atopa algo que traducir (e comunicao na rolda) ou pide á rolda que se lle asigne unha tradución.
- No caso de que non haxa ninguén máis traballando na tradución, outro membro asignarallo ao tradutor.
O tradutor actualizará o listaxe de traducións (ou ben engadindo a traducción se é nova, ou ben cambiándolle o estado a «en progreso» se xa estaba na lista).
- O tradutor procederá a facer a tradución segundo o método que lle sexa máis conveniente.
Unha vez acabada a tradución, o tradutor notificarao na rolda, enviando se se tercia a tradución, e actualizará o estado no listaxe de traducións.
- Un revisor comprobará a tradución e suxerirá cambios se é necesario. Isto pode comportar que o tradutor teña de aplicar cambios e envialos varias veces á rolda.
- Unha vez o revisor e o tradutor se poñan de acordo, aceptarase a tradución.
- Un membro do equipo con permiso de escritura en Launchpad encargarase da aceptación, a cal pode supor subir un ficheiro en Launchpad, ou ben aceptar directamente as suxestións de tradución en liña.
Proceso de tradución e revisión recomendado
Tradución e revisión en liña
Outros procesos de tradución e revisión
Tradución e revisión fóra de liña
UbuntuGalicianTranslators/CiclodeTraballo (last edited 2009-11-28 23:34:18 by static-168-115-225-77)