TemasAvanzados
Nota: esta páxina está en fase de construción.
Introdución
Rosetta
FAQ
Utilización
Problemas actuais
Como extraer as traducións dun ficheiro
Esta liña de ordes permite extraer só as cadeas traducidas dun ficheiro PO, simplemente empregando as ferramentas de gettext. Isto é util durante a revisión de ficheiros, de forma que se pode pasar este ficheiro so con traducións ao corrector, o que mostrará só os erros nas traducións, sen mostrar «falsos positivos» das cadeas orixinais.
Outra forma de empregar o resultado é para a revisión de traducións moi longas (por exemplo, documentación), onde lendo simplemente as traducións se poden detectar erros.
De xeito que, ou ben pode empregar a liña de ordes directamente, ou ben crear un script:
msgexec -ifitxer.po 0 | tr \\0 \\n > ficheirodetraduciónsextraídas.txt
Substituíndo, obviamente, <ficheiro.po> e <ficheirodetraduciónsextraídas.txt> polos nomes dos ficheiros correspondentes.
Nota: el msgexec no sembla funcionar del tot bé amb les entrades que contenen plurals.
Como encontrar traducións
Como encontrar o enderezo de unha tradución en Launchpad
A miúdo dáse o caso de que vemos un aplicativo ou algunha cadea única sen traducir e non sabemos como empezar a traducilo porque non sabemos onde se atopa exactamente a tradución. Nestes casos, teremos que averiguar se xa hai unha plantilla de tradución para o aplicativo en Launchpad, e cal é o enderezo. Esta sección proporciona información sobre como encontrar os ficheiros de tradución no Launchpad Translations (do contrario denominado Rosetta), o sistema de xestión de traducións de Ubuntu. Primeiro debemos saber de que ficheiro executábel ou orde se trata:
* Para programas que se executen desde un menú, pódese arrastrar a entrada de menú no escritorio. Despois, simplemente fai falta facer clic co botón dereito sobre a nova icona, premer a opción Propiedades do menú contextual, e no diálogo que apareza a continuación, xunto á etiqueta Orde: mostrarase de que orde ou programa se trata. Alternativamente, pódese facer o mesmo co editor de menús do GNOME (para inicialo faga clic co botón dereito do rato sobre un dos menús e prema en Edita os menús).
Unha vez averiguado o nome, agora deberá saber en que paquete se atopa. Os ficheros do Ubuntu instálanse sempre a partir de paquetes de software. Para facelo, fará falta utilizar o programa dpkg nunha terminal da seguinte maneira:
dpkg -S FICHEIRO
Exemplo (o signo $ emprégase aquí para mostrar a diferenza entre a orde e o seu resultado):
$ dpkg -S /usr/bin/baobab gnome-utils: /usr/bin/baobab
Neste caso queriamos saber en que paquete se atopa o aplicativo baobab. Na liña de ordes vemos que este paquete é o gnome-utils. con esta información xa poderemos atopalo en rosetta no enderezo co formato seguinte
https://translations.launchpad.net/<distribución>/<versión>/+source/<paquete>
Polo que o enderezo para a distribución Ubuntu Karmic Koala é https://translations.launchpad.net/ubuntu/karmic/+source/gnome-utils
POR FACER: describir os enderezos de interés do Firefox + Epiphany para chegar ás traducións de maneira rápida.
Como ver que traducións emprega un programa
Para saber as traducións que emprega un programa ten que abrir unha terminal e empregar a orde strace:
strace PROGRAMA 2>&1 | grep LC_MESSAGES
Exemplo para o programa Baobab, abre unha terminal e escribe a seguinte liña de ordes:
strace baobab 2>&1 | grep LC_MESSAGES
Vexa que o Baobab non só emprega as traducións do gnome-utils (que é o paquete onde se atopa), senón tamén emprega gtk, gnome-vfs, entre outros.
Ferramentas de tradución específicas para o Ubuntu
Información xeral sobre as traducións en Ubuntu
UbuntuGalicianTranslators/TemasAvanzados (last edited 2009-11-29 11:31:46 by 152)