Contacto
Rolda de correo
A rolda é unha ferramenta de comunicación e coordinación primaria do equipo de tradución. Calquera pode empregala para toda clase de cuestións relacionadas coa tradución do Ubuntu (preguntas, ofrecementos de colaboración, informes de erros de tradución, etc). Recomendámosvos que vos subscribades para seguir o estado da tradución ao galego do Ubuntu; aínda así non fai falla estar subscrito para enviar correos, pero tede en conta que as mensaxes dos non subscritores tardarán algo máis en aparecer na rolda, posto que ten que se procesar manualmente para diferencialos do spam. De todos modos, estas mensaxes recibiranse na rolda como todas as demais (co retardo correspondente).
Tede en conta que todos os membros da rolda son voluntarios e no suposto que vos poidan axudar farano cando teñan tempo. Dito isto, só fai falla mencionar que a maioría das mensaxes (por non decir todas) reciben resposta poucas horas tras o seu envío.
Para subscribiros á rolda, ide á páxina https://lists.ubuntu.como/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl e seguide as instrucións
Para enviar unha mensaxe á rolda empregade o seguinte enderezo: ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.como
Para consultar as mensaxes antigas da rold (arquivos), ide a: https://lists.ubuntu.como/archives/ubuntu-l10n-gl/
Para cancelar a vosa subscrición á rolda, ide á páxina https://lists.ubuntu.como/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-can, introducide o enderezo electrónico de subscrición no cadro de texto da parte inferior e premede no botón de cancelar/edición da subscrición do lado do cadro. A partir de aquí, seguide as instrucións que se vos indiquen.
Chat IRC
O equipo de tradución non dispón dunha canle propia, mais moitas veces os membros do equipo de tradución están presentes en #ubuntu-translators ou en #ubuntu #ubuntu-translators. Os membros do equipo soen estar en intervalos non regulares, pero seguramente alí atoparás algún que che poida axudar.
UbuntuGalicianTranslators/Contacto (last edited 2009-11-02 09:18:58 by 193)