PreguntasMáisFrecuentes
Nota: esta páxina está en fase de construción.
Cal é a diferenza entre estar na rolda e formar parte do grupo de tradución?
A diferenza simplemente se basa nos permisos para subir as traducións oficiais de Ubuntu, ademáis de poder traducir directamente sobre a interface web. Ser membro do equipo de tradución significa máis traballo de xestión, xa que podes modificar todas as traducións de Ubuntu, polo que hai que ter coidado con quen pode ter estes permisos. Normalmente inclúense novos membros ao equipo cando fagan traducións significativas e demostraran que teñen os coñecementos necesarios para xestionar as traducións de Ubuntu de forma adecuada.
Dito isto,fai falta dicir que non hai ningunha diferenza entre aqueles tradutores que teñan permisos de subida e aqueles que non. Todos son membros por igual da comunidade galega de Ubuntu, e todos poden colaborar do mesmo modo: enviando traducións á rolda e revisándoas. A diferenza principal é que os membros con permisos terán que encargarse de subir tanto as súas traducións como as de outros. Á parte de outras tarefas de xestión adicionais, isto é todo.
UbuntuGalicianTranslators/PreguntasMáisFrecuentes (last edited 2009-11-28 23:45:44 by static-168-115-225-77)